Tetanospasmina

Estrutura da tetanospasmina
Mecanismo de acción da tetanospasmina
Cadea pesada da toxina tetánica fragmento C

A tetanospasmina[1] ou toxina tetánica (tamén toxina espasmoxénica ou TeNT) é unha neurotoxina extremadamente potente producida pola célula vexetativa de Clostridium tetani en condicións anaerobias, que causa o tétano. Non se coñece que teña algunha función para os clostridios no ambiente do solo, onde normalmente vive. A súa LD50 é duns 2,5-3 ng/kg,[2][3] polo que é a segunda toxina máis letal coñecida, despois da toxina botúlica (con LD50 2 ng/kg)[4] Porén, estas probas de medición de LD50 foron realizadas só en ratos, os cales poden reaccionar á toxina de maneira diferente aos humanos e outros animais.

C. tetani tamén produce a exotoxina tetanolisina, que non é unha neurotoxina senón unha hemolisina, que causa a destrución dos tecidos.[5]

  1. Diccionario Galego de Termos Médicos. Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia. 2002. Páxina 757. [1]
  2. "Pinkbook | Tetanus | Epidemiology of Vaccine Preventable Diseases | CDC". www.cdc.gov (en inglés). Consultado o 2017-01-18. 
  3. "Toxin Table » Environmental Health & Safety » University of Florida". www.ehs.ufl.edu (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2017. Consultado o 2017-01-18. 
  4. "Botulism". World Health Organization (en inglés). Consultado o 2017-01-18. 
  5. Willey, Joanne (2009). Prescott's Principles of Microbiology. New York City, NY: McGraw-Hill. pp. 481. ISBN 978-0-07-337523-6. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne